13/9/10

Sidra... con toda a tradición.




O pasado sábado 11 de Setembro os soci@s da asociación recollemos sobre uns 1000 kilos de maza de deferentes castes en varias leiras da parroquia, doadas por diferentes veciñ@s , a os cales xa aproveitamos para dárllelas grazas .
O próximo Domingo 19 de Setembro estaremos na carballeira do San Cibrán coincidindo coa romaría dos Ramallos para que tod@s aqueles que queiran, poidan degustar a sidra e compartir connosco as súas impresións,ver un vídeo e ollar fotografías así como que os mais cativos poderán espremer e machucar mazas tal e como se facía ai moitos anos.