19/4/11

Conferencia e plantación de arbores micorrizadas.

O pasado 18 de Febreiro, Puri Lorenzo bióloga especialista do laboratorio de micoloxía da Universidade de Vigo, falounos durante aproximadamente hora e media sobre as arbores micorrizadas, procesos no laboratorio para a súa consecución,e xa unha vez plantadas beneficios para as arbores, para o solo, e o un valor engadido para a propia comunidade(económico,lecer,gastronómico).
Contou coa asistencia de alomenos 40 persoas,entre as que se atopaban directivos das distintas asociacións culturais, comisións de festas,comunidades de augas e de asociacións micolóxicas,as que o remate achegáronse para felicitarnos polo interesante do contido da conferencia.

Dende a asociación, pedimos a os distintos colectivos da parroquia a súa implicación para facer posible a plantación de un cento de castiñeiros micorrizados, que foi feita o pasado 26 de Febreiro polos socios da asociación. Podemos dicir que foi positivo e que a día de hoxe en Bembrive deuse un gran paso cara a concienciación da sociedade da importancia dos nosos bosques .
Grazas a :
Entidade Local Menor de Bembrive,
Comisión de Festas de San Brais e Santiago,
Comisión de Festas de San Cibrao,
Asociación Cultural e Recreativa Helios,
Asociación de Mulleres Xestas,
Asociación Micolóxica “A Zarrota” ,
A Presidenta da Asociación Micolóxica “A Zarrota”(Lorena Cascallar),
e tódolos seus socios e socias de estes colectivos pola súa contribución.