9/5/10

Moenda no muíño da Pedrosa


O 29 de maio estaremos moendo inninterrumpidamente no muíño da Pedrosa.
Os cativos poderán debullar espigas, moelas e recoller a fariña.Tamén poderedes colaborar na sementeira de unha leira con millo corvo e millo branco.
Teremos unha pequena mostra de aparellos de labranza así como proxectaremos fotografías de canastros e muíños da parroquia.
Poderás degustar pan de millo e empanada feita por veciños da parroquia e acompañalos con un viño.