7/7/10

Gran participación da parroquia na moenda

A moenda ,realizada o pasado 29 de maio no muíño da Pedrosa ,contou con moita participación dos veciños/as da parroquia.
Toda las actividades que se realizaron no entorno do muíño do Buraco, como da Pedrosa foron seguidas con moito interese incluso coa participación activa de veciños e veciñas como foron o caso da sementeira ou os propios da muiñada; foi moi intetersante ver como os mais adultos e nenos/as mesturábanse e compartían as diferentes tarefas.
Cumpríronse con moito os obxectivos da actividade que tiña fixado a asociación, polo que seguro que repetiremos outra muiñada no próximo ano esta vez xa con millo colleitado desta sementeira.
Agradecer os colexios da Chans e do Mosteiro a súa colaboración, así como a entidade local menor de Bembrive e a sociedade cultural Helios, a Poli e a todo los veciños e veciñas que colaboraron desinteresadamente que fixeron que foxe un éxito.