13/10/11

PROPOSTAS DA ASOCIACIÓN A OS ORZAMENTOS DA ENTIDADE DO 2012

ESTAS SON A NOSAS APORTACIÓNS A OS ORZAMENTOS DA ENTIDADE PARA O ANO 2011:

"En relación a carta recibida por esta asociación con data de 9 de Setembro de 2011, na que se nós convida a facer suxestións cara a elaboración dos próximos orzamentos,dicir que :

1. E a Entidade Local Menor de Bembrive(E.L.M.B), debe de enfrontar unha Xestión Integral do Monte de xeito sustentábel, tratando de obter o máximo rendemento sen esgotalo e que a súa vez sexa fonte de benestar.
2. A masa forestal dos montes de Bembrive xunto co resto de montes periurbanos de Vigo e indiscutible os beneficios que aportan a poboación( son un sumidoiro de CO2, un lugar para o lecer,etc.) .

Polo tanto, para esta asociación parte dos orzamentos pasarían por incluír:

1. Posta en marcha do Plan de Ordenación do Monte coas necesarias modificacións cara a súa actualización .
2. Debe de incluírse a cantidade de CO2 que reten a masa forestal dos Montes de Bembrive e traducilo a Euros nos orzamentos.
3. Unha parte dos Orzamentos tería que incluír unha partida destinada a mercar patrimonio en lugares que poidan ser de interese(Ex: ribeiras de regatos, ruínas da Fraga).
4. Posta en marcha de un programa de axuda desempregados da parroquia que queiran por en marcha proxectos de producción agrícola, gandeira, forestal, silvicultura .
Sen mais que engadir, soamente darlle as grazas pola posibilidade de participar.

Un saúdo."

4/10/11

Romaría de San Cibrán

Co gallo da romaría de San Cibrán, un dos santos milagreiros que máis mira por nós os bembrivenses ante meigas e demais espíritos do alén, a Asociación Pena Cabalaria uniuse aos centos de romeiros que subiron até os Ramallos para gozarmos con todos eles dunha xornada de lecer.

Aproveitamos a ocasión e as boas condicións atmosféricas para montarmos un posto onde, amais da devandita bebida, fornecemos aos visitantes de información sobre o xeito mediante o cal os nosos devanceiros apañaban e procesaban as mazás para acadaren este saboroso produto. Cómpre salientar que todas as mazas foron arrapañadas na parroquia, non houbo “inxerencia” allea ningunha.

Do mesmo xeito, os socios e socias da asociación queremos agradecer a Carme, Jaime, Tino, Chari e demais familia por prestárennos dun xeito tan desinteresado a súa casa e mais o seu lagar, obra de arquitectura popular de abraiante beleza. De non termos contado coa súa axuda, non poderiamos ter elaborado esta bebida dun xeito tan artesanal e a sidra tería perdido a súa esencia. Neste capítulo de agradecementos non podemos esquecer dar as grazas a “Cans de Palleiro” por nos agasallaren cos seus acordes nin a todos e cada un dos romeiros que contribuíron a que Bembrive inda siga a manter ese punto exacto de compensación entre enxebrismo e progreso.