
O próximo día 20 de Maio a partires das 20.30 h, na cociña que poñen a nosa disposición a Asociación Cultural e Recreativa "Helios" e a Asociación de Mulleres "Lúa".
Poderedes seguir todo o proceso de elaboración do pan de millo e aproveitaremos para falar das propiedades que teñen os cereaís na dieta diaria e en particular o millo corvo
Poderedes seguir todo o proceso de elaboración do pan de millo e aproveitaremos para falar das propiedades que teñen os cereaís na dieta diaria e en particular o millo corvo
O pasado 18 de Febreiro, Puri Lorenzo bióloga especialista do laboratorio de micoloxía da Universidade de Vigo, falounos durante aproximadamente hora e media sobre as arbores micorrizadas, procesos no laboratorio para a súa consecución,e xa unha vez plantadas beneficios para as arbores, para o solo, e o un valor engadido para a propia comunidade(económico,lecer,gastronómico).
Contou coa asistencia de alomenos 40 persoas,entre as que se atopaban directivos das distintas asociacións culturais, comisións de festas,comunidades de augas e de asociacións micolóxicas,as que o remate achegáronse para felicitarnos polo interesante do contido da conferencia.
Podemos dicir que foi positivo e que a día de hoxe en Bembrive deuse un gran paso cara a concienciación da sociedade da importancia dos nosos bosques .

