17/1/11

O tarabelo, o boletín impreso da asociación.


Xa temos na rúa ,dende o pasado mes de Decembro, o primeiro boletín de información da asociación.

-Podes atopalo en calquera local das distintas asociacións da parroquia,
-na entidade local,
-no quiosco de Merchi, na farmacia de Trini,
-na ferraxería do Cacheno,
-no ambulatorio e nos colexios da Chans e do Mosteiro,
-así como no bar “A Pedra”, “O raro”, “A buraca”, na “Casa Veiga”e no bar “Os Ramallos”.

Celebradas as xornadas de inicxiación a micolóxia



Xornadas de iniciación a micolóxia .
Orientada a iniciados na micoloxía, celebradas o pasado 19 e 20 de Outubro e coa participación de unhas 20 persoas tanto da parroquia coma de fora dela, estas xornadas de iniciación.
Dioni Comesaña foi o encargado, esta vez, de introducirnos no mundo da micoloxía, primeiro con unha charla e axudado de fotografías, e o día seguinte a tarde con unha saída de campo na que descubrimos diferentes cogomelos tanto comestibles coma velenosos.
Esta actividade foi subvencionada pola Entidade Local Menor de Bembrive

2/11/10

Xornadas de iniciación a micolóxia


XORNADAS DE INICIACIÓN A MICOLÓXIA

Días 19 e 20 de
Novembro de 2010.

Organiza:
Asociación Pena Cabalaria.

Colaboran:
S.C. Helios.
Actividade subvencionada por:
Entidade Local Menor de Bembrive

Día 19 as 20.30 h
CONFERENCIA:
INICIACIÓN A MICOLÓXIA.
Que é un cogomelo?. Partes. Familias.Elementos de identificación. Ver, ulir, probar. As tres Marías. Como recolleito?, aparellos. Cogomelos comestibles e enganosos. Asociacións micolóxicas. Cadros tóxicos. Cogomelos fermosos. Como conservalos. Notas de cociña micolóxica. Bibliografía.
No salón de actos da S.C. Helios.



Día 20 as 16.15h
SAíDA de CAMPO
(parque forestal do Pouso).
Posta en práctica dos conceptos falados na conferencia ..
(quedaremos na entrada principal da S.C. Helios as 16.00 h

A tradición da sidra, testemuña doutro tempo.

En Bembrive, ainda quedan moitos veciños que como Carmen teñen moi presente, na sua memoria, os tempos en que ian recolleitar as mazas para elaborar a sidra ou gardarlas para comer o longo do inverno.

Neste video podes ver e escoitar esta testemuña do tempo.

Grazas Carmen.

13/9/10

Sidra... con toda a tradición.




O pasado sábado 11 de Setembro os soci@s da asociación recollemos sobre uns 1000 kilos de maza de deferentes castes en varias leiras da parroquia, doadas por diferentes veciñ@s , a os cales xa aproveitamos para dárllelas grazas .
O próximo Domingo 19 de Setembro estaremos na carballeira do San Cibrán coincidindo coa romaría dos Ramallos para que tod@s aqueles que queiran, poidan degustar a sidra e compartir connosco as súas impresións,ver un vídeo e ollar fotografías así como que os mais cativos poderán espremer e machucar mazas tal e como se facía ai moitos anos.