19/4/11

Conferencia e plantación de arbores micorrizadas.

O pasado 18 de Febreiro, Puri Lorenzo bióloga especialista do laboratorio de micoloxía da Universidade de Vigo, falounos durante aproximadamente hora e media sobre as arbores micorrizadas, procesos no laboratorio para a súa consecución,e xa unha vez plantadas beneficios para as arbores, para o solo, e o un valor engadido para a propia comunidade(económico,lecer,gastronómico).
Contou coa asistencia de alomenos 40 persoas,entre as que se atopaban directivos das distintas asociacións culturais, comisións de festas,comunidades de augas e de asociacións micolóxicas,as que o remate achegáronse para felicitarnos polo interesante do contido da conferencia.

Dende a asociación, pedimos a os distintos colectivos da parroquia a súa implicación para facer posible a plantación de un cento de castiñeiros micorrizados, que foi feita o pasado 26 de Febreiro polos socios da asociación. Podemos dicir que foi positivo e que a día de hoxe en Bembrive deuse un gran paso cara a concienciación da sociedade da importancia dos nosos bosques .
Grazas a :
Entidade Local Menor de Bembrive,
Comisión de Festas de San Brais e Santiago,
Comisión de Festas de San Cibrao,
Asociación Cultural e Recreativa Helios,
Asociación de Mulleres Xestas,
Asociación Micolóxica “A Zarrota” ,
A Presidenta da Asociación Micolóxica “A Zarrota”(Lorena Cascallar),
e tódolos seus socios e socias de estes colectivos pola súa contribución.

14/2/11

Un bosque con vida... con futuro, para ti, para todos.

Todos e cada un de nos,temos a responsabilidade de manter os nosos bosques no mellor estado posible de conservación para que cumpran co seu obxectivo vital.
Con esta intención, esta pensada esta conferencia e posterior plantación, posibilitando a participación e implicación tanto dos veciños como dos diferentes colectivos da parroquia.

Estades convidados, o vindeiro día 18 de febreiro as 20.30 h, no auditorio do centro cultural Helios de Bembrive, como actividade previa a plantación de 100 arbores micorrizados no bosque de Bembrive.
Co titulo "Os bosques con arbores micorrizados, xeneradores de riqueza para a comunidade", Puri Lorenzo bióloga, especialista do laboratorio de micoloxía da Universidade de Vigo, será a encargada de falar sobre este tema.

Esperámoste.

17/1/11

O tarabelo, o boletín impreso da asociación.


Xa temos na rúa ,dende o pasado mes de Decembro, o primeiro boletín de información da asociación.

-Podes atopalo en calquera local das distintas asociacións da parroquia,
-na entidade local,
-no quiosco de Merchi, na farmacia de Trini,
-na ferraxería do Cacheno,
-no ambulatorio e nos colexios da Chans e do Mosteiro,
-así como no bar “A Pedra”, “O raro”, “A buraca”, na “Casa Veiga”e no bar “Os Ramallos”.

Celebradas as xornadas de inicxiación a micolóxia



Xornadas de iniciación a micolóxia .
Orientada a iniciados na micoloxía, celebradas o pasado 19 e 20 de Outubro e coa participación de unhas 20 persoas tanto da parroquia coma de fora dela, estas xornadas de iniciación.
Dioni Comesaña foi o encargado, esta vez, de introducirnos no mundo da micoloxía, primeiro con unha charla e axudado de fotografías, e o día seguinte a tarde con unha saída de campo na que descubrimos diferentes cogomelos tanto comestibles coma velenosos.
Esta actividade foi subvencionada pola Entidade Local Menor de Bembrive

2/11/10

Xornadas de iniciación a micolóxia


XORNADAS DE INICIACIÓN A MICOLÓXIA

Días 19 e 20 de
Novembro de 2010.

Organiza:
Asociación Pena Cabalaria.

Colaboran:
S.C. Helios.
Actividade subvencionada por:
Entidade Local Menor de Bembrive

Día 19 as 20.30 h
CONFERENCIA:
INICIACIÓN A MICOLÓXIA.
Que é un cogomelo?. Partes. Familias.Elementos de identificación. Ver, ulir, probar. As tres Marías. Como recolleito?, aparellos. Cogomelos comestibles e enganosos. Asociacións micolóxicas. Cadros tóxicos. Cogomelos fermosos. Como conservalos. Notas de cociña micolóxica. Bibliografía.
No salón de actos da S.C. Helios.



Día 20 as 16.15h
SAíDA de CAMPO
(parque forestal do Pouso).
Posta en práctica dos conceptos falados na conferencia ..
(quedaremos na entrada principal da S.C. Helios as 16.00 h