14/6/12

PENA CABALARIA NA FESTA DA SIDRA DA ESTRADA

 
Apesares do día, o poder de convocatoria da feira da sidra da Estrada, tivo un gran poder de convocatoria na comarca. Estabamos tanto productores xa consolidados,  incluso a nivel comercial ,como os pequenos productores e concursantes no “1º grolo de ouro” .




29/5/12

CONCURSAMOS NA 1ª FESTA DA SIDRA

 
Temos a ocasión de cocursar, con sidra elaborada pola Asociación, con maza de  Bembrive , na 1ª Feira da Sidra da Estrada o próximo 9 de Xuño.
Xa vos contaremos como nos foi.

26/5/12

Festa da moenda para soci@s e colaboradores.


Nesta ocasión , decidimos non celebrar  a festa da moenda como o viñamos facendo, aberta a actividade a veciñanza e cidadáns en xeral, polo mal estado de funcionamento do muíño, xa que a experiencia da pasada edición deixou, na asociación, un pouso amargo por este motivo.



Agardando que para o próximo ano podamos realizar esta actividade con tódalas garantías,este no que andamos, a directiva decidiu facer unha pequena festa, o próximo día 9 de Xuño a partires das 19.00 h, para soci@s e colaboradores, no mesmo muíño da Pedrosa, para compartires entre todos un vaso de viño e un pouco de churrasco e se todo vai como ten que ir votarlle unhas pezas.



Animámoste a participar.


Debes de confirmar a túa asistencia ben por correo electrónico ou chamando o telefono de contacto que aparece no blog.


sementeira para o día 2 de Xuño


O próximo 2 de Xuño, a asociación convoca a todol@s soci@s asi como aqueles que queiran achegarse, a sementeira de millo que imos facer no lugar de costume.

A hora de quedada e para as 9.00 h do Sábado ó carón do campo no que sementaremos o millo.


12/2/12

mesa redonda sobre a enerxía eólica

A plataforma pola protección da serra do Galiñeiro

organiza unha mesa redonda sobre a enerxía eólica.