26/5/12

Festa da moenda para soci@s e colaboradores.


Nesta ocasión , decidimos non celebrar  a festa da moenda como o viñamos facendo, aberta a actividade a veciñanza e cidadáns en xeral, polo mal estado de funcionamento do muíño, xa que a experiencia da pasada edición deixou, na asociación, un pouso amargo por este motivo.



Agardando que para o próximo ano podamos realizar esta actividade con tódalas garantías,este no que andamos, a directiva decidiu facer unha pequena festa, o próximo día 9 de Xuño a partires das 19.00 h, para soci@s e colaboradores, no mesmo muíño da Pedrosa, para compartires entre todos un vaso de viño e un pouco de churrasco e se todo vai como ten que ir votarlle unhas pezas.



Animámoste a participar.


Debes de confirmar a túa asistencia ben por correo electrónico ou chamando o telefono de contacto que aparece no blog.