7/9/09

Limiar



Asociación Pena Cabalaria

En Bembrive, as pontellas e fontes , os muíños e lagares conforman a grande parte do noso patrimonio etnográfico .
Tamén os bosques de piñeiro que inzan as abas caendo suavemente ate transformárense en bosque de ribeira, que acompañan a o río e regatos que atravesan a parroquia e que hoxe ten unha importante función medioambiental en si mesma e como lugar de lecer da poboación en xeral.
A contorna na que vivimos e as propias necesidades da poboación, fixeron que unha serie de traballos formen parte da nosa tradición, como a moenda do millo e centeo para facer o pan nos diferentes fornos de pedra que aínda se conservan, a elaboración da sidra que conta con aproximadamente douscentos anos de historia na nosa parroquia, ou a sementeira de pinos que no seu día capitalizou o mesmo monte.
Para un grupo veciños e veciñas paga a pena poñerse “mans a obra” , co fin de levar adiante a tarefa conservar e defender o noso patrimonio natural e etnográfico e divulgalo entre os nosos.

Así nace a Asociación Pena Cabalaria, un colectivo legalmente constituído en agosto de 2009 e o seu ámbito territorial de actuación é a Parroquia de Santiago de Bembrive, no Concello de Vigo.
Co animo de conseguir os fins para o que foi creada a Asociación Pena Cabalaria organizaremos actividades ,como:
Charlas e xornadas divulgativas
Roteiros.
Obradoiros medioambientais.
Catalogación de flora e fauna, etc. .
Animamos a toda a veciñanza a sumarse a este ilusiónante proxecto que agora escomenza .
Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario