14/1/12

XORNADAS MICOLOXICAS


Un ano mais, un pouco adiado polas condicións climatolóxicas pouco favorables para os cogomelos, celebraremos as Xornadas Micolóxicas,nesta ocasión con algunha novidade,así o venres día 20 de xaneiro de 2012 as 20,30 h teremos o primeiro “ A darlle a lingua “ charla-audiovisual sobre cociña científica e cogomelos no salón de actos do centro cultural, e o remate, pasaremos a cociña para poñer en práctica o dito, e facer unha degustación.
Para o sábado dia 21 , charla-audiovisual “ Iniciación a Micoloxía “ as 11.30 h no salón de actos do centro cultural .Despois de xantar,sobre as 15.30h no centro cultural para saír o monte a recolleita de cogomelos e clasificalos. ANIMATE E PARTICIPA.